É importante que o neno teña experimentado o mundo físico (tocar as cousas, movelas, comparalas, subir, baixar, brincar,...) para aprender matemáticas. En base a isto podemos animalos a que fagan algunha colección, ou propor algún xogo de arrumar, pra formar unha mente matemática só se precisan actividades sinxelas como:
- coleccionar
- contar
- clasificar
- arrumar
- comparar tallas e cores
- levar obxetos pesados na man ou nunha carreta
- por a mesa, ...
Xogo de matemáticas: arrumar botóns
Este xogo é pra experimentar a clasificación en grupos, unha preparación ás matemáticas.
Esto é o que facemos cando chove (menudo verán que levamos) , eiquí tedes a dous cativos da miña tropa a "estudar". Colocase no medio o recipiente con todos os botóns e ó redor varios outros recipientes pra facer os grupos, o mellor é dispor de 3 ou 4 grupos, cada un dunha cor e tamaño diferente.
O xogo pódese facer cos ollos abertos ou cos ollos fechados, daquela o neno vai clasificando polo tacto os botóns baseándose na textura ou no tamaño.