31 de julho de 2008

Peúgos de bebé

Pois xa rematei os peúgos que viña a facer. Como vedes están feitos con tela vaqueira (de ganga que dín além Miño) e un pouco de feltro para enfeitar.


Hai moitísimos tutoriais para facelos, desta vez escollín pra facer as Bitty Booties de Heather Bailey, se queredes probar a facelas eiquí podedes descargar a súa plantilla e no Grupo Flickr de Bitty Booties podedes sacar moitas ideias vendo as botiñas que fixeron outras personas (creio que todas mulleres, ejemmm! eses homessss!!)

Son moi doadas de facer así que animádevos que é un agasallo (prenda ou presente, para os viciños) moi bonito e por suposto se vos animades quero ver as fotos ;)