15 de dezembro de 2011

Recursos sobre O Apalpador

 
Continuo a engadir recursos para socializar ao noso ser máxico navideño.


Hoxe dous recortábeis que nos agasallan dende a Fundaçom Artabria: Un bonequiño para montar en 3D e outro bonequiño deses con movemento.


(Clicando nas imaxes fanse máis grandes)

~~~~~~~~~ 
Na nosa casa, esta é a noite na que o Apalpador entra agochadiño (recordade que é un xigante, bueno, non tanto) para deixarnos unha morea de doces. Hoxe leremos os contos sobre o Apalpador e daremos cor a algún debuxo sobre el, agardo que o recibades coa mesma ilusión que se vive na nosa casa.
~~~~~~~~~  
Xa resta menos para que acorde o Apalpador e baixe das montañas a apalpar as barriguiñas dos nosos cativos, así que aquí deixo a miña pequena contribución á recuperación desta tradición nosa.

(Imaxe de Leandro Lamas)


~~~~~~~~~~~~~~~~

··· O ano pasado xa vos falara do Apalpador e máis preparara unhas tarxetas para deixar as lambetadas:
Tarxetas do Apalpador

··· O Apalpador na rede:
  • apalpador.com, onde podedes atopar imprimíveis para colorear, modelos para que os nenos lle escriban a carta ao Apalpador, tarxetas para pór nos agasallos, etc.
  • apalpador.net, onde podedes atopar a maneira de mercar O conto do Apalpador (con ilustracións de Leandro Lamas)
  • O blogue do Apalpador, onde van recollendo as súas aparicións na prensa e máis cousas.

    ··· Vieiros da escola adicoulle un especial ao Apalpador

    ··· Dende Foucelhas (Asociaciaçom cultural comarca de Ordes) preséntannos un Material para a recuperación da figura do Apalpador

    ··· Galicia Encantada tamén ten unha entrada sobre a Noite do apalpadoiro: O Apalpador e O Pandigueiro

    ··· A Wikipedia tamén ten unha entrada sobre o Apalpador, en galego e máis en outras linguas (con distinta información).


    (clic enriba para facer máis grande)



    ~~~~~~~~~ Audiovisuais:
    • Fina de Ferramulín (Lugo) cóntalle á Associaçom A Volta Grande do C@urel, en xaneiro de 2009, do Apalpadoiro, que é como lle chaman nesa parte do Caurel ao Apalpador.



    ~~~~~~~~~ Libros:
    Antón e o Apalpador (nesta ligazón o podedes ler on-line)
    Manuel Castro, Mar Ameixeiras
    Ilustracións: Francisco Ameixeiras
    Barafunda Editorial, 2009




    O Apalpador (nesa ligazón podédevos descargar o conto en pdf)
    Xoán G.
    Biblos, 2009
    ISBN: 978-84-937323-5-6




    O conto do Apalpador (nesa ligazón vos remiten a onde mercar o conto)
    Lúa Sende, A. Figueroa
    Ilustracións de Leandro Lamas
    Contos para miúdos


    ~~~~~~~~~ Outras iniciativas:
    A historia do Apalpador, teatro de monicreques.