Non podía deixar marchar esta estación sen rematar a serie que comezara co "outono primaveral" e o "outono outonal". Agora miro atrás e vexo que foron 3 meses moi intensos, onde case recorrinmos todas as estacións do ano e que ademais nos trouxo unha mudanza que seguramente dará un xiro importante á nosa vida.
Na casa nótase entre outras cousas na cociña acesa todo o día xunto coas estufas e o deshumidificador e na mudanza na decoración, onde se substitúe os productos do outono por outros máis "prácticos"
Na casa nótase entre outras cousas na cociña acesa todo o día xunto coas estufas e o deshumidificador e na mudanza na decoración, onde se substitúe os productos do outono por outros máis "prácticos"
Que se fan imprescindíveis para saír fora a gozar coas primeiras nevadas
E da natureza que nos rodea:
O castiñeiro que nos deu as castañas que asáramos no "outono outonal" xa perdeu todas as follas e vese precioso co musgo que o enfeita
E o acivro que está á saída do pobo loce fermoso os froitos que comezaron a saír no verán e que agora dan ganas de comelos, tan vermellos e brandos.
Tamén xorden regatos onde antes só había herba seca (mágoa de terra desaproveitada)
E o reghatiño no que tanto bricáramos no verán, soña que é un río que vai dar ao mar
Adeus outono do 2009, fuches intenso e marabilloso







5 dixeron que...:
que bonitas fotos!!!
idem! preciosas!
Gracias chicas, me alegro que os gusten.
Un besito :*
Que lindo, Meninheira! Também senti este Outono assim...três estações numa só! Embora aqui (onde moro, porque em Portugal já nevou, claro, noutras terras...) não tenhamos neve, têm estado uns dias bem frios, mas bonitos, com aquele sol "fraquinho" que mal aquece..., e outros dias com muita chuva também!
Muitos beijinhos para toda a família!
Isabel
pois é Isabelinha, o tempo está louco e passa do verao ao inverno em apenas um soluço :)
Muitos beijinhos para vos também :*
Publicar un comentario en la entrada