Os "maiores" pasámolo bomba limpando o "río" de follas, pólas e demais, berrándonos un ó outro: "olla qué rápido baixa agora a auga!" i é que non temos sentidiño ningún XD. Eu ademais fiquei co sorriso parvo e a ledicia dun pirata que recén ven de atopar un tesouro, cando vin os fentos reais que medran na beira do regato i é que este fento leva na terra dende hai máis de 60 millóns de anos! Estades a ver o mesmo que miraban os dinosauros, non é incrível? A primeira vez que os vin, nas Gándaras de Budiño, era unha cativa e esta foi a miña segunda vez e fico igual de marabillada que daquela.
Na foto non se aprecia mas cada "pola" ten uns 100cm.
Os pequenos, sen dúbida por influencia dos fentos, retrocederon uns cantos millóns de anos e fixeron arte como os seus primitivos antepasados.
Os pequenos, sen dúbida por influencia dos fentos, retrocederon uns cantos millóns de anos e fixeron arte como os seus primitivos antepasados.
Non quero nin imaxinar a cara do veciño cando vexa en que se converteu o marco! XD
E pódese intuír a importancia que teñen na Galiza estas pedras se temos en conta a cantidade de nomes que teñen: extremas, espetos, lindes,... Engades algún máis á lista? :). . . . .
Bego engade:
"Os marcos (na miña terra así se coñecen) tamén se poden chamar derregos/as e cómaros.
. . . . .
Bego engade:
"Os marcos (na miña terra así se coñecen) tamén se poden chamar derregos/as e cómaros.
. . . . .
E no xardín seguimos a atopar habitantes, como esta lambona de case 2cm, que tivemos que retirar pois fixo a súa mega-tea de araña nun camiño de paso.

Ou esta cucadiña que estaba atrapada no cubo que temos baixo a billa e que non sei que é, seica unha cría de lagarto arnao (ou lagarto das silvas)?
Por certo, conteivos que hai varias semanas escoitamos ouvear o lobo? Foi de noite, lonxe, nos montes, e cando o penso aínda me volvo emocionar, mistura de medo e ledicia.
E collendo poliñas da vimbieira para o proxecto semanal, atopamos a este outro disfrazado :)
E collendo poliñas da vimbieira para o proxecto semanal, atopamos a este outro disfrazado :)





Que divertido!! y cuantos habitantes teneis por ahí a menudo. UN beso
ResponderSuprimirUy! seguro que como vosotros Sandra :)
ResponderSuprimirUn besito para tí también :*
Semella que tedes un zoo-xardin botanico na casa.
ResponderSuprimirAledome por vos e polos rapaces.
É o que ten ter o xardín asalvaxado hahaha
ResponderSuprimirUn biquiño :)
Os marcos (na miña terra así se coñecen) tamén se poden chamar derregos/as e cómaros.
ResponderSuprimirO teu xardín lémbrame ó meu, jeje, cheo de bichiños, esas arañiñas abundan tamén no noso e acabamos de atopar crías de sapo común, aínda que non sei de onde saen porque hai un regato pero está a medio km da casa.
Por certo, unha boa idea para aproveitar as castañas de indias, nos tamén recollímos unha morea a semana pasada ;-)
Bego!
ResponderSuprimirAsí que pola túa terra se chaman derregos e cómaros? nunca o escoitara! vouno engadir na mensaxe :)
Os sapos e demais anfibios non teñen porque viver pegadiños á auga, a humidade xa lles chega. Nós temos píntegas (salamandras) e ras no xardín e non temos ningún regato cerca :)
Por certo, de araniña nada! esta tiña un centímetro sen contar as patas e eu a iso xa lle chamo nécora XDDDD
Un biquiño moi grande :* (e grazas pola visita)
¡Qué animales tan bonitos! Me encantan estas fotos :)))
ResponderSuprimirBesitos
Alba
Gracias Alba :) seguro que vosotros también teneis una buena selva poblada por este tipo de animales salvajes XD
ResponderSuprimirbesitosssss
Pero tú vives en Galicia o enmedio de la selva gemeliña!!!!!!
ResponderSuprimirQué bueno pasar un ratillo por tu blog después de tantos días... me voy a dar un largo paseo por él...
biquinets!!!!
hahaha gemeliña!! pues a veces sí que parece la selva! y los peques los salvajes aborígenes, claro XD
ResponderSuprimirbiquinets para tí también :*