19 de dezembro de 2009

Tarxetas de Nadal II

O ano pasado compartira con vos as nosas tarxetas de Nadal'08 e este ano non ía ser menos.

(O paquetiño está feito co meu papel de agasallo preferido, o papel de embrullo)
Photobucket

A última tarxeta é especial, para os pequenos peludos que vos acompañan a moitos de vos e vai adicada en especial a unha familia que ten dous peludos preciosos de nomes impronunciábeis e que coñecéndoos, seguro teñen unha lambetada baixo a árbore o día de Nadal.