Como Marcela, tamén estou adicada na "difícil" tarefa de non mercar, de facer un mesmo, non xa pola crise (que aperta a condanada) senón porque istos agasallos levan engadido un plus de amor e dedicación. Eu particularmente gosto máis de que me agasallen (1 y 2) con algo que fixo esa persoa que non con algo mercado, vos non?
E ademais de facer a nosa decoración de Nadal (exemplos recentes aquí, aquí e aquí), a febre esténdese aos agasallos de Nadal e hoxe recoméndovos unha vez máis (aquí foi a primeira vez) reciclar ceras
Son ben doadas de facer e supoño que xa as tedes visto nun montón de blogs, mas sempre as teño visto feitas con moldes circulares e nós facémolas con forma de osiño, e a verdade, gañan moito, vense tan fofiñas, tan cutes :D Así que fronte aos moldes circulares, eu recoméndovos que merquedes un molde con forma divertida. Nós mercamos este nun bazar chinés por 2'50€ e o temos adicado en exclusiva á fabricación de osiños:

Poñemos os anacos de ceras no molde, o mellor e trituralas bastante para que collan máis e así facer o "osiño" máis grande. Eu non gosto de misturar cores, por unha banda porque o debuxo da cara do oso vese peor e por outra porque á hora de pintar fica moi "sucio" para o meu gosto.
Metemos o molde no forno a 80º (non máis porque entón seica desprenden gases tóxicos) ate que vexades que están derretidas e sacámolas (ollo que queima!) para remexer cun escarvadentes co fin de uniformar ao máximo os tons. Despois meto o molde outra vez no forno (xa apagado) un ratiño e xa o deixo arrefriar.
*** * ***
(1) Nota para as falantes de português: Olha que falso amigo tão engraçado né? mas não achas que também tem a ver de alguma forma com agasallar a alma?
(2) Nota para las hablantes de castellano: En gallego agasallar es regalar y en portugués es abrigar