Aproveitando que estamos en crise :P póñovos esta "receita" que veño de facer pra aproveitar os restos de lápis de cores de cera.
Cortamos as ceras en pedaciños pequenos (tamaño chícharo), tendo coidado de non xuntar as cores, eu tamén empreguei os restos de afilar pra facer dous osiños. Para a forma usamos un molde de cociña (pódese empregar un vello) tendo en mente que despois non o imos poder empregar para usos culinarios, eu merquei un metálico no bazar chinés por 2'50€ mais penso que os de silicona han ser moito máis doados de desmoldar.
Mentras os nenos van metendo os pedaciños das ceras no molde, escollendo as combinaciós de cores, poñemos o forno a precalentar (uns 10 minutos a 150º). Tendo en contar que as ceras ó derreter van "baixar" enchede os ocos até arriba de todo.
E pra rematar cocémolo no forno ate que as ceras estean derretidas (15-20 minutos como moito). Pra desmoldalas podédelas meter no conxelador durante unha hora e así xa rebentan soas para fora.