3 de dezembro de 2009

Tarxetas de insectos

Do magnífico blogue da Claudia, au fil des jours, baixei unhas tarxetas de insectos que veñen a apoiar o noso proxecto deste trimestre, do que xa vos ensinara o Mural. Podédelas baixar sen medo a que estean en francés pois son un .doc e polo tanto pódense abrir nun procesador de textos e mudárlle os nomes á lingua que quixer.

Eu impriminas en galego e despois plastifiqueinas.
Tema: insectos
Se aínda non vos mercáchedes unha plastificadora, recoméndovolo pois é un xeito de preservar moitos traballos de maneira que poidan ser aproveitados por mais dun neno, a nosa é do Lidl.


Despois presenteillas á pequenada sen dicer nada, a ver que facían con elas e...
  • Identificáronnos a voz en grito "isto é un..."
  • Emparelláronnos cos outros que teñen no mural
  • Brincaron con eles
Tema: insectos
Tema: insectos
Tema: insectos