Aquí tedes unha pequena mostra:
Un morcego
que pillou o virus da varicela (xa sabedes que virus e xermes están de moda na casa). Non se lle ve a boca, é tan bonita! un sorriso tenro con pequenos cairos :)
e unha momia
Despois recorteillos con cuter (para este cartón non serven tesoiras) e enfeitamos a pereira, non vos parece que quedou un xardín terrorífico? aínda que a min esa pantasma prodúceme tanta tenrura! e as cabazas teñen un debuxo (que non se aprecia) que conta unha historia, preciosas!!
Tamén enfeitamos a casa: un rinconciño que xa vos ensinara e que agora engadiu a cabaza que está máis abaixo, o interior da porta da entrada cun morcego que fixen eu (non vale rirse Laura!! XD) e a cabaza de feltro que estivo aí un día antes de formar parte da coroa de outono.
E fixeron este precioso pendurico. Cartolina laranxa e negra, la e unha conta de madeira.
A primavera, errrr quería dicer o outono primaveral, xa chega ó seu fin e comezou a chover, polo que tivemos que gardar os enfeites na casa.
Xa vos dixen que adoro esta pantasma? :)
Pera malvada:
A primavera, errrr quería dicer o outono primaveral, xa chega ó seu fin e comezou a chover, polo que tivemos que gardar os enfeites na casa.
Xa vos dixen que adoro esta pantasma? :)
Como vedes, temos tendal novo.
E para rematar baleiramos unha cabaza (que perdeu un dente dous horas despois) e fixemos chulas, postre galego típico destas datas, co que lle sacamos. Déixovos a receita e xa me contaredes se vos empachastes ou non porque están tan ricas que é empezar e non parar :)
Chulas de cabaza:
Cócese a cabaza (non sei a cantidade exacta porque o fago a ollo, como dúas patacas grandes) en auga con sal, cando estea cocida bótase nun coador e deixase para que vaia soltando a auga que lle quede, eu aproveito e vou premendo cun garfo.
Nun recipiente fondo botamos a cabaza, 3 ovos, 2 vasos de azucre, 2 vasos de fariña, misturamos ben misturado e imos engadindo máis fariña (se o precisa) até que quede cunha consistencia espesa.
Para rematar, nunha tixola con aceite ben quente imos botando o líquido a culleradas.