Como sabedes levamos varios días en alerta amarela polo temporal e hoxe á noite seica entramos na laranxa, nada ó que non esteamos acostumados, mas saír á rúa faise un pouco complicado porque xa non é que chova, é o que ventea! que nin paraugas nin nada! sorte tes se non saes voando :D
Hoxe puidemos saír e mesmo pasear un ratiño pois o vento deu unha tregua e a choiva tamén. Agora xa están os dous rivalizando a ver quen monta máis barullo e a verdade, aquí no calorciño da casa escoitalos berrar aos dous encántame :)
Onte non nos atrevemos saír, estiveron pintando, xogando, vendo debuxos, facendo manualidades, non houbo tempo para a cesta da choiva porque achegándonos á hora crítica da media tarde comezou a chover dentro da casa, mas non água!! senón plumas!!
Había tantas que se podía patinar sobre elas

E facíanse montonciños para tirar nas cabezas uns dos outros

O chan quedou... O meu home acordábase de cando nevara e volveunos dicer que non tiñamos sentidiño ningún XDDDDD