Ás veces un deixase levar e permite que o seu estado de ánimo confúndase e mesmo únase en casamento co tempo atmosférico. Na casa aconteceunos algo semellante, coa baixada das temperaturas e a choiva non só chegou outra vez a neve ás montañas senón tamén á nosa casa.
A nevada foi intensa e durou case dúas horas.
O tamaño dalgunhas folerpas de neve era impresionante.
E o vento sopraba tan forte que arrastraba a neve amontoándoa nas esquinas.
Os animais corrían á procura dun lugar onde resgardarse do vento e da neve
A Deus grazas a equipa de quitaneves actuou con rapidez en canto rematou de nevar
Teño que engadir por petición do meu home (quen cando veu a desfeita, errrr digo a nevada, me dixo que tiña menos sentidiño ca eles XDDDDDD) que se nos estragou a aspiradora e tivo que sacar as ferramentas como un Many Manitas calquera para arranxala.
Outro día atopámonos no xardín de detrás da casa cunha besta salvaxe dun palmo de lonxitude. Nunca vira unha salamandra dese tamaño!
O mais "mundano" seica vai ser o agasallo de cumpreanos que estou a bordar e o tulipán para o baño, xa case rematado.
E os vosos días como foron durante esta semana de "non facer nada"?