16 de agosto de 2009

Pinturas tribais no xardín

Coa chegada do verán climático (o temporal xa hai tempo que comezou) aproveitamos para facer esas actividades que co frío e o vento dos días pasados non apetecía facer e deste xeito é que empezou a nosa clase de arte, pintando nun gran papel con pinceis mas sobre todo cos dedos. Na casa son fans desta modalidade artística! :D



E o papel (que por certo agora preside o noso salón) quedou pequeno a pesar do seu tamaño e o que comezou sendo pintura de pinceis ou de dedos transformouse en pintura corporal e os meus pequenos civilizados (ehemmmmmm, é un dizer) en pequenos aborixes.


Sempre que lles propoño pintar coas mans acaban pintando as idems e o resto do corpo, o banner do proxecto semanal e o dos anuncios veñen dalgún deses marabillosos días.

Mas non só o lenzo de papel ficou pequeno senón tamén o lenzo do corpo e mesmo o material fíxose pequeno e pouco interesante, mas non tardaron en procurar alternativas e aí estaban agardando os tizóns da churrascada da festa da noite anterior e o chan para facer de lenzo infinito.


Máis fotos no meu Flickr!

E a túa tribo que fixo a fin de semana? :)