15 de julho de 2009

Primeiro cumpreBlogue!

Pois é, aínda que me parece incrível xa pasou un ano dende que escribín o primeiro post que comezou este blogue instigada (e inspirada) por Xose e máis a que se converteu co paso do tempo na miña xemelguiña :)

Un ano con máis 20.800 visitas, 71 seguidores, aparicións en Cucurrucu!, ABC&123 (e aquí), en Vieiros, en Kireei,...

Nun principio pensaba facer un sorteo mas despois pensei que era mellor premiarvos a todos os que me visitades e aquí está o meu agasallo de cumpreblogue, unhas preciosas bandeirolas (clicar para descargalas) para que imprimades na casa e que eu estarei encantada de ver como vos quedaron e onde as empregáchedes, así que non vos esquezades de sacar fotos :)


O "estampado" son unhas florciñas aínda que aquí vedes outras versións.

Son ben doadas de facer, imprimídeas, recortádeas, escolledes a corda ou fío do voso gosto e ides dobrando cada bandeirola, escolledes a colocación das cores e por último aplicades o pegamento


E as ides pegando no fío


Et voilà!


Como vedes quedan ben onde queira que se poñan, na xanela, nos estantes, na parede,... mesmo as podedes pegar en escarvadentes e empregalas como topes para as madalenas ou outros pequenos bocadiños.

Que as disfrutedes!

Hoxe non é precisamente o día que cumpro o ano, mas non podía agardar máis tempo hehehe