Primeiro tentoume o demo en forma de Xose e despois mordín a mazá de Janil-Nilja, así que se andades á procura do culpavel dos meus desvaríos ollade para estes dous elementos. :)
Tratarei de calar este becho que me empurra a crear a través deste experimento e ó tempo compartirei con quen se achegue, as cousas que facemos nesta casa de tolos.
Aproveito para pedir desculpas polo meu galego, froito dunha crianza en castelán, da emigración, do seu ensino (primeiro na normativa de mínimos, despois na de máximos e finalmente coa primeria normativa "xunteira") e pra rematar do estudo da variante que falan alén Miño.
Imos ver onde me leva esta nova aventura!, acho que a bó porto.
(A fotografía é da minha segunda filla)