8 de maio de 2009

Diario dunha muller sinxela

Diario de hoxe 8 de maio:

Se miro pola xanela... vexo o típico día de verán caloroso pero cheo de nubes e néboa. Din que mañá chove, a ver :P

Estou a pensar... unha chea de cousas!! no contenta que debe estar Carmiña saltando pola casa cun sorriso de orella a orella, en reorganizar e decorar agora que medio-rematamos as obras, no novo proxecto trimestral, en que estou feliz do calorciño que ó fin chegou,...

Dentro das cousas que aprendemos, hoxe... namentres escribo isto están a recortar uns bonecos que teñen un número na camiseta e que teñen que pegar por orde.

Síntome agradecida por... cobrar un mes mais, Ay que ver como se está poñendo isto da crise eh?

Das cousas de comer salientar... pois hoxe falabamos o meu home e máis eu sobre o feito de que a todos os nosos fillos lles gusta máis o peixe que a carne e que nos parece que é máis rico que a carne, máis doado de comer,... e que non entendíamos iso que se di sempre de que ós nenos pequenos non lles gusta o peixe. Ós vosos pequenos gústalles?

Teño posto... unha blusa branca de manga francesa cunha minisaia negra evasé e unhas medias de espuma grises, acompañado cunha torerita (ou bolero) negra que son moi frioleira. E estou en zapatillas de andar por casa, cando saiamos á rúa calzarei uns zapatos de tacón e porei uns pendentes largos prateados (que non de prata hehehe) cunha pedra branca.

Estou a ler... revistas de todo tipo, e libros de xardinería.

O que espero... que mañá faga sol ou que non enfríe o tempo para poder estar fora todos a gusto.

Estou a crear... teño enriba da miña mesa unha camiseta de algodón lisa á que lle quero bordar algo para darlle un pouquiño máis de "vida" pero aínda non sei o que :)

Estou a escoitar... agora (isto vai feito a ratos) estou a escoitar o riso dun dos peques a xogar co seu pai :D

Por toda a casa... ósos!!

Unha das miñas cousas favoritas traballar a terra.

Algúns plans para o resto da semana... rematar o areeiro, que xa case está, só restan os "detallitos" :D

Unha foto para compartir: Gústanme moito estas fotos dos zapatos que poñen a miúdo as nais do mundo endiante, así que o outro día fixen unha :)


(Por certo que estas son as medias que levo hoxe)