9 de março de 2009

Diario dunha muller sinxela

Seguimos a tecer unha fermosa comunidade.
A estas mamás non lles chega cos carnavais, nin cos merendacontos, nin cos proxectos semanais, nin o martes mudo de Marvan, etc. Agora Silvia vennos liar co "Diario dunha muller sinxela" e nós gostamos tanto de ser liadas que a ver quen se resiste :D A única petición que fago é mudar o día para: o venres? porque non dou a basto hahahaha, os domingos "solto" o post cos participantes do proxecto semanal da semana, os luns publicamos (as veces con retraso ou con adianto) o proxecto semanal de cada unha, o martes temos o post sen palabras, o mércores eu teño o post do idem,... asi que se non é moito pedir para facelo a final da semana, así como resumo... (aquí imaxinádevos unha cariña de neniña boa suplicante :DDDD)


Diario de hoxe 9 (case 10) de marzo .
Acabo de rematar e xa é mañá, ou sexa, hoxe, 10 de marzo :LOL

Se miro pola xanela... Se miro agora vexo todo negro pero hoxe fixo un día estupendo, cun solciño e un ceo azul que deu gusto velo

Estou a pensar... en todo o que teño que facer, ben, máis ben en todo o que quero facer :) un enfeite para o baño, pintar o salón,...

Dentro das cousas que aprendemos, hoxe... pasámola facendo arquitectura caseira, lendo contos, recoñecendo palabras escritas,...

Síntome agradecida por... pola vida que levamos, só podo agradecerlle a Deus istos anos marabillosos que espero non muden nunca

Das cousas de comer salientar... que hoxe houbo merenda especial!! que é como lle chaman ós merendacontos

Teño posto... Buff, a estas horas xa o pixama hahaha, é de Women Secret, a parte de abaixo gris escura e a de arriba a raias grises escuras e outras máis claras e ten unha panteira rosa :) (mira que si algunha ten posto un igual!)

Estou a ler... pois empecei o último de Harry Potter mas estou a plantexarme empezar outra vez (creo que a terceira) a lelos todos dende o principio pois xa hai tanto que rematei o sexto que o teño esquecido e por outra banda como xa rematou a saga pois sería unha grande despedida!!

O que espero... Ui!! como se soe dizer: "Virgencita, que me quede como estoy"

Estou a crear... este ponto é delicado pois teño unha chea de proxectos pendentes, o último é un pendurico de feltro que me encargou unha amiga.

Estou a escoitar... ó meu home ó teclado do seu portátil, aquí o meu carón.

Por toda a casa... xoguetes, onde queira que mires

Unha das miñas cousas favoritas mmmm, encántame quedarme durmida vendo a tele, sobre todo cando sabes que te estás adurmiñando e abres os ollos pero sen resistencia, ate que ó fin réndeste ó sopor e deixaste levar por eses son de fondo que non te importan máis que para que te durman.

Algúns plans para o resto da semana... temos que ir mercar cousas para as obras que temos na casa.

Unha foto para compartir:
A maliña que me regalou o meu sobriño, encántame!, en realidade creo que é unha especie de neceser pero eu a uso para meter as miñas cousas de coser e poder levalas dun lado ó outro (dentro está o pendurico de corazóns do que falei arriba e que vou facendo ós poucos os domingos na casa dos meus pais).

Por se algunha quere mercala, é de Women Secret ;)