
Por unha banda estivemos fregando obxectos a través do papel.
Xuntamos na mesa de traballo unhas cortizas de arbores e a nosa colección de selos de estampar.
E poñendo os selos ou a cortiza debaixo, só tiñan que fregar cunha pintura.
Foi moi divertido e sorprendeume que gostaran tanto da actividade, a proposta foi ir cuns papeis aló fora a esfregar as árbores, as pedras, o chan...