1 de dezembro de 2008

Proxecto semanal xeado

Este proxecto tamén lles gustou moito. Canto lles gusta ós nenos xogar cos elementos verdade? hai algo que fascine máis a un neno que xogar con lume, auga, terra??

Sempre tento que os nosos proxectos sexan moi lúdicos e que aprendan por experimentación, así que para entender como a auga cambia de estado líquido a sólido, que mellor que conxelala? pero non a íamos conxelar soíña senón acompañada!

Escollimos xoguetes e metímolos nunha cubiteira de xeo, o que nos serviu tamén para falar dos conceptos de "máis grande" "máis pequeno" ou o concepto de "mediano" que está de moda agora na casa.




Despois botámoslles auga e conxelámolos.


Fíxolles moita gracia velos así atrapados no xeo, estiveron manipulando un ratiño e despois dinlles unha cunca con auga quente, e viron dúas cousas: que na auga quente desconxelábanse máis apresa e que se metían varios bonecos xuntos desconxelábanse máis lento.





Foi unha festa ver como ó desconxelarse ían recuperando as pernas, ou as mans.