23 de julho de 2008

Seica din que...

Din que os bébedos e os nenos sempre din a verdade

Hai uns días un dos meus cativos estaba a ver debuxos animados no youtube e pediulle ao pai que os quería ver en galego, o meu home díxolle que en galego non había pero ocorreúselle facer a procura na variante esa que falan além Miño e había claro, e púxollo.

E o cativo dixo "ves como si había en galego!"

Pois iso :)


A imaxe ven do Museo Castelao