6 de outubro de 2010

TerraActiva 2010

Como xa contara hai uns días (ver: A Asociación por la Libre Educación estará en TerraActiva), este ano ALE puxo un posto no TerraActiva de Arzúa e aló fomos moitas das familias galegas que estamos en Educar na casa. Independentemente de se somos ou non membros da ALE, o importante era unir esforzos e xuntarmos unha vez máis.

Había xente que pasaba e apañaba algún díptico e outra que preguntou e foi moi ben informada de todo, conta Marta que xa era xente que viña "a tiro fijo". Como anécdota, contar que o día que estivemos nós pasou un trío de xente nova e o rapaz quixo parar mas unha das rapazas que ía no grupiño díxolle "esos no, que son la competencia, nosotros estamos en contra". Penso que habían ser mestres ou estudantes de mestres, é unha mágoa este pensamento de "quen non está comigo está contra min" é como se ser católico significara estar en contra do islamismo (por pór un exemplo).

Conta Marta tamén que "Había de todo, padres preocupados, profesores con curiosidad y ganas de hacer algo distinto, personas que habían pensado esto muchas veces y les picaba la curiosidad en saber cómo lo organizábamos..." Na charla, que foi o domingo ás 11:30 contábase con pouca xente mas finalmente había máis de 30 persoas ouvíndoa.

Nós estivemos a piques de non ir porque estamos a máis dunha hora e tiñamos un temporal enriba de medo, movíasenos o coche de camiño alá... eu non paraba de pensar que estábamos tolos!! Mas os pequenos obrigáronnos, era indispensável volver ver aos seus amiguiños P. e N. e reencontrarse cos fillos de Marta despois de case dous anos. Gostaron moitísimo de coñecer a novos rapaces sen escola e divertíronse todos xogando cunha saba que tiñan colgada nunha sala. Sigo a marabillarme destes rapaces que fan piña independentemente das idades e os sexos. A verdadeira socialización!



Para nós foi moi agradável volver ver aos amigos que facía tempo que non víamos con todo o roio deste ano e cos que xa planeamos quedar axiña {ademais teño morriña do seu pan :) } E tamén foi xenial coñecer ás novas familias que se van unindo ao grupo, compartir medos, preocupacións, alegrías... e por suposto xa estamos a argallar a vindeira xuntanza en forma de Magosto.
E teño que darlle as grazas publicamente a Marta, por aturarme, mimarme e darme ánimos :**********