Un ano máis invitámosvos a participar no día no que reivindicamos internacionalmente a nosa liberdade para educar. Dende o noso grupo, Educar na casa, parte a xuntanza para celebrar o Día Internacional da Liberdade na Educación e dar a coñecer a nosa escolla educativa.
O vindeiro sábado 18 de setembro terá lugar unha xuntanza na Granxa do Xesto no Parque do Pedroso en Santiago de Compostela a partir das 17:00 da tarde.
Lerase un manifesto e despois compartiremos a tarde en familia.
A participación na xuntanza está aberta a toda familia ou persoa interesada e non implica a pertenza ao grupo.
Contacto: Marta García, 617462966
Organiza: Educar na casa