Xa hai unhas semanas que decidín dúas cousas: imos descansar de lapbooks por un tempo e imos axilizar os proxectos trimestrais e facelos máis curtos.
*** * ***
Agora hai semanas que comezamos cos insectos, primeiro vimos de facer o mural que se pode baixar da web de Learning page.com, e pintámolo e todo! mas acabou dobrado e gardado pois preferimos facer a nosa propria instalación :) Os bichiños si que son de Learning page.com
E aquí tedes o noso mural ou insectarium, agora que nos estamos a pór tan "clásicos" :D E como non podía ser doutro xeito, está feito con caixas de cereais.
E aquí tedes o noso mural ou insectarium, agora que nos estamos a pór tan "clásicos" :D E como non podía ser doutro xeito, está feito con caixas de cereais.
Á pobre Chocolata fáltalle un ollo, parte dos intestinos,...
E víchedes a grilanda tan bonita que fixemos coas ferraduras do "proxecto cabalo"?
Aproveitamos as cores das caixas dos cereais para montar o escenario, aínda que algunhas partes foron pintadas no reverso, como na xigantesca flor:
Ou na tea de araña, ollade a lambona todo o que ten atrapado na tea.
A flor ficou realmente bonita verdade?