Este ano case vou conseguir facer a man todos os agasallos de Nadal, algúns aínda son (ou foron) mercados mas case todos son made in "feito na casa" (brincadeira galega).
Este é o último dos rematados: un alfineteiro en feltro coa alcuña familiar da persoa á que vai dirixida, bordada nun dos laterais xunto con outros motivos e mais a flor do cumio.
O meu é ben grande (uns 7cm de diámetro), e digo tal porque teño visto este traballo feito case como unha miniatura mas eu gosto do feito a man mas tamén das cousas prácticas e parecíame que en grande lle ían dar máis utilidade, ademais de que enfeita máis non? :)

Prometo facer un titorial deste doado traballo que apenas leva un par de horas facelo e fica moi vistoso.