Cando partillo os meus documentos sempre agardo que a alguén lle sexan de utilidade ou que alguén faga algo con eles e se despois ten a ben ensinarmo xa é o máximo!!
Polo de agora só dúas persoas - familias o fixeron e eu quero ensinárvolo porque quero acabar este ano con cousas que me agasalhan (desta vez tamén con sentido português) o meu corazón.
Polo de agora só dúas persoas - familias o fixeron e eu quero ensinárvolo porque quero acabar este ano con cousas que me agasalhan (desta vez tamén con sentido português) o meu corazón.
Así que quero dar as grazas á C. que é filla da Ana (máis coñecida como Pequete por istos lares) e que fixo estas dozuras:

E tamén dar as grazas a Olatz e máis a Nekane, que son fillas de Madalen e que tamén fixeron dúas preciosas princesas e ademáis o título do post é taaaaaaaaaaan bonito!! :)
(aquí as podedes ver outra vez)
Non é precioso ver as diferentes interpretacións de cada un? Se se vos animades a facer a vosa, aquí está o molde para facelas :)