5 de novembro de 2009

Primeiro contacto coas minúsculas

Na casa empezamos a coñecer as letras empezando coas maiúsculas, que aprenderon sempre sós grazas a este fantástico brinquedo que vos recomendo encarecidamente: Mis letras interactivas, de Leapfrog. Recordo a cara de sorpresa dunha mestra de "extraescolares" cando descubriu que con 3 anos coñecía o abecedario (e escribía o seu proprio nome).

*** * ***

Hai uns días decidín facer a presentación oficial das minúsculas e axudáronme as letras-imán, outro recurso educativo moi bo que non debería faltar na casa.

Na alfombra repousaban as minúsculas e eu ía pasándolle unha maiúscula preguntando, "cal é o bebito desta letra?", porque xa sabedes que as maiúsculas son os pais e as minúsculas os fillos verdade? ;)

E con verdadeira ledicia foron emparellándose sen erros e ficou feliz e eu máis :P



O vindeiro día presentarei ás minúsculas restantes.