6 de novembro de 2009

Clases de ciencias: Astronomía

Tivemos a sorte de que nos deixaran un telescopio e como agora ás 18:00 comeza a escurecer, pois fixemos cos pequenos unha sesión astronómica despois de cear.

Ben abrigadiños, que xa vai frío polas noites

Lembrádesvos desas bandeirolas? pintámolas para un dos primeiros proxectos semanais e ficou gardada. No verán sacámola e enfeitounos o xardín de diante todos istos meses, aturou algunha choiva impasível, mais xa non queda nadiña dela, a auga foi lambéndolle as cores e desfacéndoa ós poucos.

"Alaaaaaaaaa, que grande é a Lúa!"


Non sei quen a gozou máis, se os cativos ou o pai XD