Recordades a choiva de plumas de hai un par de semanas? Pois o temporal deu para máis "ideas disparatadas" (1), porque tamén montaron (vaaaaale, montamos)... un teatro!
O traballo foi intenso, un ir e vir de traballadores que coidadosamente montaron o escenario e máis os asentos para os espectadores

(2)

Entre bambolinas había moitos nervos, viría moita xente ver a obra?

E o público foi chegando

Grandes e pequenos acomodábanse nos coliños para ver o espectáculo (3)

A acomodadora axudaba atopar sitio aos últimos en chegar

Silencio!! comeza a función (4)

(1) Ipe dixit - espero non meter a pata e que se escreba así porque xa sabedes que eu son de ciencias hihihi-
(2) Vedes as plumas da famosa tormenta?
(3) E agora xa sabedes o por que da cabeceira que adorna o blogue dende fai días :)
Os bonecos que vedes son (eran) case todos meus, a ovelliña foi un agasallo dunha amiga do instituto que agora vive na "Gran Mazá", o can da esquerda de todo foi un agasallo do meu compañeiro cando nos separámos por primeira vez por unha viaxe miña a Alemania, a boneca azul é un agasallo da miña Primeira Comunión e a osiña gris cun corazón de morango no peito foi un agasallo de cumpreanos das miñas mellores amigas aló pola época do instituto. O resto son dos meus pequenos.
(4) As cortinas e teas que axudaron a crear esta fantasía eran da miña avoíña, do seu cuarto e máis da miña tía. Xa o dícía sempre! "o que gharda, sempre ten"
Non sabedes o que tal rin! ó mesmo tempo había varias funcións e mesmo un "espontáneo tolo" que berraba entrando e saíndo do escenario "iiiiiiiii!!" XDDDDDDDDD
E agora facédeme o favor de dicirme, aínda que sexa unha mentira, que na vosa casa estades igual de tolos :D