Este post podería subtitularse de dúas formas tendo en conta o que fixemos:
1. Pegadas por todas partes!
A actividade empezou de forma ordenada, cos animaliños e demais criaturas deixando as súas pegadas características.

Mas rematou como "el rosario de la aurora"!! :DDDDDDD
2. Seguindo o rastro
Outro día, aproveitando o solciño fomos para fora e debuxamos e recortamos pegadas, por suposto empregando caixas de cereais :)
Para inspirárense empregaron a fantástica guía de campo que veño usando dende que era unha meniña: Fauna y flora de Europa, guía de campo básica (Blume) e que xa vos recomendara aquí.

Primeiro debuxaron.
Non vos parecen unha monadiña? ou como dirían polo mundo adiante: supercute!! XD, ou como din os portugueses, unha fofadinha.
O círculo da esquerda é a pegada dun virus: "como non teñen pés..."

E despois recortámolos e puxémolos polo chan. Para rematar fixeron lupas e seguiron o rastro deixado por todos os animais que pasaron polo"xardín" de endiante. Na foto vense pegadas de serpe, de verme, de oso, de cabalo, de neno,... E "a través" das lupas vense as pegadas dos animais!
Curiosamente, por aqueles días fixeron un magnífico post en imagine childhood: ...tell me a story: the art of seeing, non deixedes de ir ver.