Nistes momentos é cando teño rabia de non ter unha boa cámara nin un bo ollo fotográfico (a pesar do que diga Madalen hehehe) para poder captar as cousas bonitas que fixemos, ben, eu colaba, daba algunha cor, facía buracos,... "facer" fixen pouco vaia, máis ven era axudanta.
Todo feito con caixa de cereais, que faríamos sen elas!! :)
Unha preciosa, tenra, grilanda de flores
(A segunda flor está namorada, por iso os ollos fanlle corazóns)
Quem foi que dixo que a Terra era redonda? Eu quero mudarme para esta!
E este precioso xarrón da dinastía Chim
As flores extráense para xogar a facer ramos, imprescindível por cara de princesa namorada cando se ten un gran ramo de flores no colo.
Por certo, as flores teñen narices de letras e hainas ledas, enfadadas, surprendidas,...
Póñovos unhas vistas da traseira do xarrón para que vexades cómo o mantemos de pé e tamén o pequeno petiño onde van as flores.
De súpeto vinme envolta nunha tarde de corta-pega porque querían encher de agasallos ós amigos. Os pequenos son tan xenerosos! tamén gostan de querer ós amigos e de facer que se sintan queridos Carmiña ;)