2 de junho de 2009

Nas "vacacións" ;)

Grazas ó blogue de Ana Paulina nos chegan istos blogues de homeschoolers colombianos, benvidos! :)


Esta semana a clase de ciencias foi intensa e práctica, moi práctica!

Estivemos tocando chinches e souberon que algunhas cando teñen medo soltan un líquido que cheira moi mal, coma se fose un peido do Fiz (cómic de moito éxito entre algún dos meus pequenos).

Puxemos penduricos para que coman os paxaros (en realidade xa vedes que son os "restos" do proxecto semanal do colar).


Atopamos unha ra pequeniiiiiiiiña de limpeza no xardín mas non nos deu tempo a fotografala pra vos e tamén outra píntega aínda que desta vez era pequeniña, uns 9cm.

Non é unha tenrura? "vive" debaixo dunha madeira que temos diante da cancela grande, tiñamos que quitala (a madeira, non a píntega) mas non imos desafiuzar á coitada non é?.


Nesta foto a vemos cunha amiguiña que foi debidamente apalpada (por se alguén non o sabe é unha miñoca) e trasladada. Eles non fan xardíns de fadas senón casas de miñocas, animaliños! o outro día romperon unha e todo! co conto aprenderon que non tiñan osos.

Ollo!! As píntegas (e parentes) están en perigo de extinción, non se deben desprazar do seu hábitat natural (si, xa sei que son moi bonitas nunha peixeira) e por suposto non se deben matar.

Tampouco se deben tocar pois teñen unha substancia tóxica na pele, mas o escáncer pódese coller sen problemas e así o fixeron, o coitado do lagarto foi pasando de man en man.
(Máis grandes no meu flickr!)

Tamén falamos dos animais da noite.
No vídeo vedes a nosa cancela (perdón por telo que ver torcido, graveino mal e non sei como xiralo) ademais dos grilos o que se escoita non é un modem :DDD se non unha avenoiteira cincenta (ou noiteboa), tamén se escoitan outros dous "paxaros": un fedellando na cociña e outro co seu particular canto: "shhhhhhhh" XDDDDDDDDDDD.

A avenoiteira na mitoloxía galega é un "paxaro da morte", é dicer que agoira a morte e tamén leva as ánimas dos defuntos cara o máis aló.


Gustaría de darvos unha "receita" que uso cando, como me pasou esta semana, non me dou conta e ando ó sol a traballar demasiado tempo e quéimome :( Simplemente cortades un tomate á metade e esfragádelo na zoa vermella, é man de santo!!


E ensínovos o último enfeite que fixen, é moi mariñeiro por iso de que é para o baño. Leva ademais do feltro, madeira, metal,... Dous fotos para que o apreciedes ben por se a alguén lle inspira :)

(Máis grandes no meu flickr!)


Tamén quero compartir con vós este vídeo que é unha chulada en si mesmo mas o "making off" é abraiante!! Debeu ser moi canso facelo mas debérono pasar en grande :D