13 de abril de 2009

Proxecto semanal ondulado

Como non houbo xeito de ir á praia sen pillar unha molladura, limitámonos a facer unha botella de ondas :)
Úsase unha botella de plástico de calquera tamaño pero transparente, of couse :) e enchemos a metade da botella con auga tinguida. Pódese tinguir da cor que se queira usando colorante alimentario ou calquera outro, nós usamos anaquiños de xiz de cor azul. O resto da botella enchémolo con algún tipo de aceite, nós usamos un corporal caducado (aquí recíclase todo!). Para rematar fechámola de xeito que non perda líquidos.

Ó mover o noso pequeno océano fórmanse ondas e burbulliñas a xeito de escuma. Na foto non se aprecia, así que teredes que construir os vosos pequenos océanos para comprobalo :)
Non esquenzades de decora-lo ben sexa pintando ou colándo peixiños feitos con papel de cores.