14 de abril de 2009

Cosendo constelacións

Na casa xa vimos estos días que as constelacións son debuxos que se fan unindo estrelas, así que fixemos-inventamos algunha no noso mural, pero tamén estivemos a coser algunhas das coñecidas por todos.

Para facelo empregamos-reutilizamos unha cartolina dun proxecto semanal sobre a cera e para trazar as liñas empregamos la gris.

Coa constelación do escorpión aproveitamos para falar distos arácnidos (o que vedes é un metido en metacrilato e que tamén deu pra falar non só das súas características e de que un parente fora picado por un, senón tamén de que facía aí dentro, por que non o sacábamos, etc. temas ben doados de respostar, ains!). Tamén fixemos unha "ficha" sobre Scorpio que podedes descargar nalgún dos enlaces que vos puxen en mensaxes anteriores (creo que na mensaxe sobre o proxecto trimestral xusto anterior a esta) e que me ides perdoar que non volo enlace agora mas non o recordo, pois vou descargando as cousas con antelación.

Tamén xa houbo quen coseu en tea cun resultado marabilloso. Fiquei namorada!!

E agora que xa estamos a piques de rematar co noso proxecto trimestral sobre o espazo, éntranme unhas ganas tolas de facer unha festa como a vista en Tangarang, a vos tamén? ;)