····················· O colexio como prisión ·····················
Por Johan EimericSegundo a Constitución Española, artigo 25, "As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán orientadas cara á reeducación e reinserción social [...]". Tendo en conta que o obxectivo principal do colexio é a educación e a inserción social, podería considerarse como un primeiro cárcere.
Iso coincide perfectamente coa percepción habitual que se ten de calquera neno como un delincuente en potencia, quizá efecto da súa reducida ou nula responsabilidade legal. A única forma oficial de conseguir a redención é pasar uns dez anos de escolaridade obrigatoria.
Ese período transfórmase, de época de formación, nun puro adestramento sobre patróns de funcionamento social: demostración de habilidades arbitrarias e submisión ao poder establecido. Por conseguinte, non pode sorprender que as autoridades sempre teñan un gran interese por controlar de preto os centros de ensino.
Na España, hai tres tipos de colexio: públicos, concertados e privados. Os públicos son totalmente gratuítos, pero non teñen suficientes prazas. Para suplir esta falta de oferta, cóntase con que un número de pais elixirá pagar un colexio sempre que o prezo sexa razoável. Así aparecen os colexios "concertados", que reciben unha asignación pública a cambio de cumprir certas condicións. Os colexios privados non teñen ningunha axuda, polo que os seus custos os converten en minoritarios.
Deste xeito, as escolas minoritarias convértense nos únicos abandeirados do "cheque escolar": a posibilidade de que os pais elixan en que colexio gastan a asignación orzamentaria que corresponde á escolaridade obrigatoria e gratuíta dos seus fillos.
Polo tanto, a maior parte da poboación infantil acaba recluída en estruturas directamente controladas por gobernos, que lles impoñen os seus temas favoritos, incluíndo idiomas, costumes e relixións locais. Como era previsível, brillan pola súa ausencia o pensamento crítico e as nocións básicas sobre lexislación e economía actuais. As artes quedan relegadas a mero entretemento, mentres que calquera coñecemento evaluável con precisión recibe o selo de "igualitario".
E ese é precisamente o resultado: xeración tras xeración van saíndo dos colexios cunha batería de coñecementos tan facilmente evaluáveis como inútiles: máis historia antiga que historia recente, moita máis física e química que seguridade e nutrición. Nalgúns países, eses defectos corríxense cunha universidade libre; noutros, sófrese unha nova condena.
······························
O artigo en castelán: El colegio como prisión