Para acompañala tamén fixemos peixiños aproveitando as caixas dos cereais. A augamar é unha bolsa de plástico colada por embaixo con papel celo deixando no medio a abertura da boca tal e como teñen as augamares e xa vedes que a nosa está dixerindo un peixe e acaba de atrapar outro!!. Os tentáculos están feitos con cinta dos agasallos e a augamar decorámola con restos de autocolantes con brillos (aínda que na foto non se aprecian).
Despois estiveron xogando e fixeron unha especie de praia-lago ou vai-tí-a-saber-qué onde as augamares convivían cos peixes e demáis animáis acuáticos (xa vedes que algúns mariños e outros de auga doce) namentres que a fauna terrestre animábase a tomar un baño ou a mirar, algúns incluso acompañados dos fillos e o marido (que "está sumerxido na auga e só se lle vé a cabeza").
