10 de dezembro de 2008

Máis mesturas


Imos empezar cunha cousiña só para aqueles que aínda temos a sorte de crer neles, porque a maxia existe e non podemos deixar que Fantasía deixe de existir!
Non vos esquezades de visitar navidades sorprendentes. OLLO! sen os pequenos, primeiro ide vós cheirar :)

E non vos digo máis para que sexa unha sorpresa.



Tamén podedes participar nalgún sorteo a ver se tedes máis sorte ca min hahaha, eu apunteime ó sorteo de Mi dulce beba que fai unhas cousas preciosas, fixádevos que bonequiña máis doce


E van chegando a min máis links homeschoolers:

E a última iniciativa dun blogue de homeschoolers en castelán: O libro viaxeiro, unha proposta de ardillas locuelas

Unha de motricidade fina no fondo do océano (a que non adiviñades cal é o noso proxecto trimestral?), por se algún dos vosos peques quere recortar un pouquiño.


E xa para rematar vou poñer en público a miña lista de tarefas pendentes (falando de cousas feitas a man, claro) a ver se cumpro o meu propósito que é acabar todo antes do ano novo. Pois ben, teño pendente de rematar unha coroa de papel maché, un foguete espacial en feltro, un broche en feltro, unha boneca e como tiña pouco traballo agora púxenme a facer unha nova estrela para a nosa árbore de Nadal (ti ves o que falábamos da dispersión Paloma? :D ).
Pois ahí fica isto, a ver se non me da por empezar nada novo, ainsssssssss.