"... hay una curiosidad que se cuela y que aparece a pinceladas en los blogs, tan variada, tan llena de distintos matices, que invito aquí a compartirla en la medida que cada familia considere. El día a día... un día en la vida de... una jornada con... abro mis puertas por unas horas...
Ahí queda esa invitación a la fotografía cotidiana... cada uno que la saque, desde su ángulo favorito. Un abrazo a todos!! "
Ahí queda esa invitación a la fotografía cotidiana... cada uno que la saque, desde su ángulo favorito. Un abrazo a todos!! "
Nós non temos unha rutina diaria ríxida mas se estamos na cidade a nosa xornada habitualmente é así:
Os pequenos espertan espontaneamente entre as 8:00 (ou antes, grrr) e as 9:00 (raaroo raaaro), almorzan e ven debuxos animados até que están todos espertos o que soe acontecer nun intervalo de 10-15 minutos como moito, despois o habitual é que acaben xogando todos na "nosa" cama aínda que o xogo soe esparexerse polo resto da casa. Mentres aproveitamos para facer as camas, arrumbar a cociña, e demais cousas ingratas. O xogo interrómpese para ir bañarse aínda que despois continúa outros 10-15 minutos na bañeira.
Así lavadiños sentámonos a "facer escoliña" que ten que incluír un "truco de Tica" case a diario (hai que ver o que lles gustou!!) e un mínimo de 4-5 fichas e aínda así sempre me din que si non fixen máis, hai que ver o que lles gosta isto de "encher papeis". Non sei canto tempo lle adicamos pois non uso reloxos, creio que non máis de dúas horas e un mínimo dunha.
Despois de comer xogan outro ratiño e ó redor das 16:00 voltamos "facer escoliña" outras 2 horas ou un mínimo dunha hora, merendamos e saímos á rúa a xogar e se temos que facer algún recado aproveitamos tamén para facelo. Hai días que están a xogar tan bem que non lles interrompo o xogo e atraso a hora ou adíoa, mas xeralmente son eles os que veñen pedir que fagamos algo. Se está o papi (como acontece hoxe) ocúpase el e eu aproveito e séntome un ratiño a facer as miñas cousas gratas mentres eles traballan. Neste ratiño xa estiveron a compor palabras co abecedario de madeira e o de imán e agora están a tocar o piano.
Cando voltamos da rúa xeralmente miran outro ratiño de debuxos animados, xogan, lemos un conto e traballan un pouco o inglés ou outras cousas co pai. E a durmir!!!
A menda aínda segue en danza até a 1:00 ou as 2:00 porque aproveito para preparar as cousas para traballar ó día seguinte ou outros días, tendo a roupa a secar ou recólloa, coso,... só podo facer cousas que non fagan ruído porque istos meus son todos de sono lixeiriiiiiiiiño e espertan co zunido dunha mosca.
Espero que che fagas unha ideia Marta, mas ten en conta que as cousas poden variar bastante e por exemplo en vez de traballar dixitalmente o fagamos analóxicamente ou tantísimas outras variacións. E isto facémolo independente do día da semana que sexa, igual traballamos un domingo e o luns non ou ó contrario.