
1. O blogue de Carme: Gaudir aprenent e os blogues dos seus fillos:2. O blogue de Jacqueline Desde mi ventana xa o coñecía pero agora descubro o seu otro blogue: Mis enlaces educativos e tamén os blogues e webs dos seus fillos
- Oriol: La música
- Sonia: Objectiu: La música
Un conto precioso ilustrado por Sistermoon que atopo a través de Janil e que se chama "El viaje de Kirima". Fala de coidar o noso planeta e acompáñase cun xogo de mesa, uns poster e até postais e é unha iniciativa da Fundación Gredos San Diego, financiada polo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino (que é como se chama agora).

E un fermoso video sacado do blogue de Landras e robots de Olivia que ten como fondo "Frere Jacques" que é unhas das cancións máis versionadas na miña casa :D e que ademais enlaza moi bem co noso proxecto trimestral.
Un ollo para Annai: "An eye for Annai¨ do ilustrador Jon Klassen e Dan Rodrigues
Tamén vos quero falar dun fermoso descubrimento que pode converterse nun boa escolla para pedirlle ós Reis Magos. A poesía magnética para os frigoríficos, ou Frigopoesía!!

E para as feltomaniacas, a tenda Etsy de Kutz, non entredes se non queredes cair na tentación. ;)

E aínda non rematei, a ver si para o Nadal non se me xunta cos outros proxectos que teño pendentes. :)
