Esta campaña está dentro dunha iniciativa do Consello de Europa que leva como lema "Levanta a man contra o castigo físico". Xa era hora de que se tomaran cartas contra o maltrato infantil desde a raíz!!
E tamén aproveitando o día de hoxe veño falarvos da campaña "Escoita ó teu fillo, confía no teu instinto" promovida por varias asociacións de ámbito estatal que ten por finalidade dar a coñecer a crianza con apego ou attachment parenting, por medio dunhas concentracións en toda España o vindeiro sábado 29 de novembro nas que se lerá o manifesto e invitarase ós cidadáns a que adhiran ó mesmo.
Na Galiza Kanguras organiza a concentración de Coruña, que terá lugar pois o sábado 29 na rúa Riego de Agua ás 12 do mediodía. Vémonos alí!!