Hoxe en día a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda lactancia materna exclusiva até os 6 meses de idade, e isto quere dicer que non hai que darlles antes dos seis meses ningunha outra cousa de comer nin de beber. E o mesmo recomenda a nosa Academia Española de Pediatría (AEPED) e a Academia Americana de Pediatría (AAP) e tantas outras polo mundo endiante.
E esta mensaxe ven a conto de que o pediatra que temos agora non só recomenda darlle zume de laranxa ós cativiños de 1 mes, senón que ademais empeza a destetalos a partir dos 5 meses (cando che informa de que vaias substituíndo tomas de leite con comida para chegar a dúas tomas diarias ós 6 meses), ou sóltache que se segue facendo as súas deposicións con mucosidade hai que retirarlle o leite materno dous días. E da igual que lle digas que segues as recomendacións da OMS porque el segue, seica, as da Academia italiana de pediatría. O pobre home non ten nin idea de lactación mas afortunadamente eu si porque se non xa me tiña estragada a lactancia. Pois ben, estiven a pensar que coa escusa do Nadal voulle dar un presente en forma de DVD cheio de información porque só de pensar nas nais que si queiran dar o peito e que por culpa del non poidan dáme unha cousa... A ver se me axudades no que lle podo meter no DVD, eu tiña pensado nisto:
- Recomendaciones para la lactancia materna
- Apoyo a las madres que dan el pecho después del año
- Lactancia "prolongada"
- Alimentación de los lactantes y de los niños pequeños: Normas recomendadas por la Unión Europea
- En realidade creo que lle vou meter todos os documentos de interese do Comité de lactancia da AEPED.
Por certo, por se algunha o precisa, existe un grupo de msn chamado "Lactancia materna prolongada" que aínda que pronto vai desaparecer pola suspensión deste servizo, vaise aloxar noutro sitio e pasa a chamarse Maternidad instintiva.
Outra ligazón: Do libro "Lactancia materna" de Mª José Aguilar Cordero, duración da lactación en distintas civilizacións antigas
E xa para rematar déixovos unha cousiña que atopou o meu home e veuma ensinar todo emocionado, trátase dun parágrafo do evanxeo apócrifo de Mateo:
<<No tengas miedo, Ana, ni creas que es un fantasma lo que tienes a tu vista. Soy el ángel que presentó vuestras oraciones y limosnas ante el acatamiento de Dios. Ahora acabo de ser enviado a vosotros para anunciaros el nacimiento de una hija cuyo nombre será María, y que ha de ser bendita entre todas las mujeres. Desde el momento mismo de nacer rebosará en ella la gracia del Señor y permanecerá en la casa paterna los tres primeros años hasta que termine su lactancia...>>