28 de novembro de 2008

Animáis mariños

Para o proxecto trimestral adicado ós mares e océanos fixemos varias actividades en papel, póñovos algunhas por se as queredes descargar/seguir para facer cos vosos pequenos:
  • Identificamos ós animais mariños (neste exercicio quixeron copiar o nome de cada animal debaixo do seu debuxo, despois rodearon cun círculo os animais mariños).
  • Andivemos á procura de peixes
  • Estudamos ós pelicanos e aprendimos que baixo o peteiro teñen unha especie de peto ("para levar a comida ós filliños" sic.), vimos varias fotos deles (aquí, aquí, aquí e aquí) onde se aprecia esta peculiaridade así como o seu tamaño. Tamén aproveitaron para dicirlle que as pombas non se comen "que son moi duras" (sic.). ;)
  • Identificamos e contamos formas xeométricas que gardaba no seu peto un pelicano.
  • Rematamos de pintar o noso mural, por fin! para facelo empregamos acuarelas, rotuladores, xises, ceras,...
  • Estamos a colorir animais mariños para enchelo, ímolos baixando da web de Learning page.com (hai que rexistrarse).
  • Tamén falamos do peixe martelo (que pertence á familia das quenllas) e vimos algunhas fotos del aquí, aquí e aquí.
  • Aproveitando que falabamos das quenllas, conteilles que poñen ovos como as galiñas e quixeron ver como eran, nesta foto vese moi ben (seguro que atopáchedes algún ovo na praia máis dunha vez) e nesta outra vese o interior.


(Ademáis de Amigos Homeschoolers, hai algunha outra familia co mesmo proxecto?)