28 de novembro de 2008

Mestura

Pois si, outra mensaxe destas que adoito facer que teñen un montón de cousas sen conexión :)

Hai un mes acusábanme de pertencer a unha elite antisistema e hoxe insúltame o "Defensor del Pueblo". Podería comentar as palabras del Sr. Enrique Múgica mas que dicer dunha persoa que para defender ou expor as súas ideas precisa de insultar ás contrarias?


Hoxe Tricia Rennea, de quen xa vos teño falado a propósito da súa xenerosidade regalándonos o seu fermoso traballo, fixo un debuxo para min!! Non é marabilloso?
A xente que nos quenta o corazón é a que fai andar o mundo.
Graciñas de novo Tricia. :)


Hai uns días din co alucinante traballo de Yuken Teruya, que pode facer brotar unha árbore do rollo de papel hixiénico, ou xermolar os xornais, ou os libros, ou facer casulos baixo os enormes tacóns de calqueira muller.


Tamén quero compartir con vós dous blogues de ensino doméstico en castelán que atopei de casualidade:

E xa para rematar unha web de cociña e deseño que non debedes deixar de visitar, tanto ten se sodes cociniñas ou non, as fotografías son tan fermosas que paga a pena. Preséntovos a web de Sweet Paul.

Edito, olvideime dunha cousa :)
Deleitádevos co alucinante calendario de advento que está a facer Green Kitchen.