Por fin hoxe fun mercar a nosa lata molde para unirnos ó reto do molde de panciños que propuxo Xia fai un par de semanas.
O noso molde desta semana baséase no conto A que sabe a lúa? de Michael Grejniec. Un conto precioso de cooperación entre animais que paga a pena ler.
Para facer a lata xuntei alimentos de forma redondeada como a lúa e cun cortapasas con forma de lúa crecente cortei pan de molde e unteino de queixo e manteiga.
Despois limos Siempre te querré, de Debi Gliori. Un conto imprescindible na casa.