12 de outubro de 2008

Proxecto semanal cheo de FOLLAS

Para o proxecto desta semana non só empregamos follas, senón tamén caixas de ovos, paus, plumas, landras e mesmo ourizos de castaña.

Coas partes estas das caixas de ovos xa teño en mente facer unha grilanda de flores.

Fixemos varios móbiles que poden ir tanto no exterior como no interior. Estivemos probando onde situalos e finalmente enfeitan as nosas librarías.



Clicando enriba das imaxes fanse un bocadiño máis grandes.
Quedounos a casa moi outonal.