A miña nai conta que cando era nena aló en Santiago, baleiraban cabazas dándolles ollos e boca e prendían dentro unha candea. Estas cabazas as puñan polos camiños á noite "porque lles daba medo" e así a gozaban os cativiños daquela xogando a asustarse.
Nós baleiraremos cabazas, faremos chulas de idem e voltaremos ler "A noite de Samaín", de Pepe Carreiro.

Para saber máis:
- Castañas e cabazas... O Samaín é noso
- Vieiros da escola: O Samaín
- Xunta de Galicia. O diario da escola: A noite de defuntos