2 de outubro de 2008

Animación lingüística para todos

Así é como lle puxeron á campaña de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística que levan a cabo na compaña de oito editoriais galegas (A Nosa Terra, Baía, Galaxia, Kalandraka, Oqo, Rodeira, Sotelo Blanco e Xerais) que van desenvolver as actividades para nenos de entre 4 e 18 anos.

As diferentes propostas, que se realizarán en 70 localidades galegas son:
  • Cantar e contar: ler na nosa lingua. De Kalandraka
  • Contos en cantos. De OQO (Da que xa vos falei na anterior mensaxe)
  • Contos para falar. De Rodeira
  • Flis-fli-ris-flás. De Galaxia
  • Graffiti e letras. De A Nosa Terra
  • Queremos Saber. De Baia
  • Tardes coas aventuras de Paco Peco Pequeneiro. De Sotelo Blanco
  • Voces á orella. De Xerais

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails