Empezamos o proxecto tentando que construiran algo con "beads" e como era a primeira vez usamos as plantillas de flor e de bolboreta que temos. Ó final rematamos eu e máis o meu home facéndoas e case nos dá un ataque de nervios porque así que metes unha "bead" sáeche outra do sitio, seica non temos a motricidade moi fina ou temos que cultivar máis a paciencia hehehe, el deuse por vencido a piques de rematar a súa flor mas eu rematei a miña bolboreta e fiquei toda cheia (hai que ver).
Despois á hora de pasarlle o ferro ocorreu a traxedia, quedouse pegado á tea unha parte e a outra saíuse do sitio, polo que hai que voltar a empezar!! Argggggggg!!! Así que o proxecto semanal dos pais non saíu moi ben parado hahahaha.

Seica hai que pasarlle-lo ferro cun papel especial, supoño que de forno.

Xa está o noso bosque de mazás (Ver proxecto semanal: Verde) enfeitado con eles e xa os cabalos volven xogar baixo as árbores e os arcos da vella. Tan a gusto están os cabalos que a pequena puxo ó potro a mamar da súa nai.
Despois os cabalos saltaron e saltaron até chegarlle ás nubes pois querían comelas pensando que era algodón de azucre.

E un debuxo sobre o tema:
