O primeiro que fixemos co tema do vermello foi xuntar sobre a nosa mesa vermella toooodas aquelas cosas que teñen os nenos desa cor e ficounos un collage tridimensional do máis variado, igual podes atopar a Espiderman de festa con Ariel e Pho comendo pementos e tomates, que a Winnie sentado nun trono vermello.

Tamén fixemos un collage "bidimensional". Repararedes na estrela vermella i é que nun proxecto tan "rojo", non podía faltar, claro :lol:

Debuxamos empregando só cores vermellas, ainda que despois foi enchido de cor polo que só vos poño un dos debuxo.

Entre os libros que limos estes días están estes dous que aproveito pra recomendarvos:
Crocodilo de
Kalandraka, cunhas rimas moi paveiras que nós lemos cantando

E "
Las cartas de Horacio" de Beascoa, un agasallo da prima S. e de E.
É un deses libros epistolares para nenos, moi simpático.

E para "rematar" (entrecomillo porque como xa dixo Marta, esto dos proxectos empeza pero rematar non remata nunca) pintámonos unhas luvas vermellas ao puro estilo Marilyn Monroe