Hoxe encontreime que facendo "xogo libre" (vaia redundancia non si?) tiña montada unha exposición con números i é que as veces parece que "só" están a xogar e aí andan debuxando números empregando os dun quebracabezas como plantillas e logo emparellando todo e colocándoo coma se dunha exposición se tratara.
Quixen sacarlle unha foto porque como ben nos recorda Azu a miúdo, os nenos fan moitas cousas ó longo do día aínda que non sexa no tempo establecido como "académico" i é que hai moita xente que pensa que xogando só se perde o tempo, cando é o máis importante que se pode facer cando un é neno.