
Decidimos gardala nun tarro durante un tempo para observala. Papi é quen lle vai metendo a comida viva dentro e despois ela adícase á caza para unha vez atrapados chucharlles as entrañas coma se dunha meiga chuchona calquera se tratara. Despois fican aí os restos dos seus festíns, baleiros por dentro pero perfectos por fora.
A nosa araña pasa a meirande parte do tempo cabeza abaixo, seica para aforrar enerxía e construíu unha bonita tea de araña dentro do tarro de maonesa.
